Dende o CERCUD de Baamonde queremos difundir, co gallo do día Internacional das Reservas da Biosfera da UNESCO que se celebra este domingo 3 de novembro, as actuacións realizadas nas RB Terras do Miño en Baamonde gracias a Deputación de Lugo.
Na área recreativa realizouse a poda de redución de copa e saneamento de masa vexetal, así como o arranxo de vallas de madeira.
Fixemos unha nova edición da limpeza simultánea do río na campaña “Móllate polos ríos”. Nela retiramos 85kg de lixo, se ben o máis importante deste día foi a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. As pequenas accións valen
moito.
Por último, tamén se fixeron paneis informativos para a futura posta en marcha do Centro de Interpretación “Muíño do Pan” de Baamonde.
#DiaInternacionalRB #RERB
ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS POR