Prensa

LA VOZ DE GALICIA | MARIA PUENTE. 25/7/2009

Pica nas imaxes para velas máis grandes

Un lugar de ensueño para un baño estival

A beleza deste centro recreativo vén dada non só pola súa frondosa paisaxe, senón tamén pola escrupulosa limpeza e o coidado das súas instalacións

A praia fluvial de Baamonde encóntrase a beiras do río Parga, pouco antes da súa unión co río Ladra, e a só 500 metros do núcleo de poboación de Baamonde. A súa titularidade é privada, aínda que se permite a entrada de calquera foráneo logo de pagamento da entrada, salvo os socios que acceden gratis.

O parque conta con mesas e grellas, ademais dun parque infantil, aseos independentes para homes e mulleres e un antigo muíño.

O campo de fútbol encóntrase ao outro lado da estrada. Tanto as portarías, coma os bancos de madeira que existen para os xogadores encóntranse en perfecto estado. Ademais, o campo está cortado, o que facilita que o balón corra.

O mantemento e limpeza da área recreativa é impecable e incualificable.

A praia fluvial é pequena, pero isto compénsase coa beleza natural do ámbito. O tempo neste lugar parece que deixa de correr e se estanca, só o ruído da auga ao precipitarse pola fervenza esperta o visitante desta paraxe marabillosa.

A entrada de animais e motocicletas está prohibida, aínda que estas últimas poden estacionarse no aparcadoiro que se encontra en fronte do parque á sombra.

O único problema que se lle pode achacar é a falta de sinalización, xa que non existe ningún sinal que indique cara a que dirección dirixirse unha vez dentro de Baamonde. Só aparece un sinal cando o condutor xa o ten en fronte.

Para chegar o visitante debe abandonar a autoestrada A6 á altura de Baamonde, saída 522 B. Unha vez dentro do pobo, chegará a unha rotonda onde debe coller a segunda saída e a 250 metros, encontrará unha desviación á dereita cara a Bóveda. A tan só 400 metros se chega á área.

Merendeiro

Comida campestre. O merendeiro conta con 18 mesas de pedra, bancos, tres grellas e está rodeado de valos, o que imposibilita que os nenos saian á estrada. Todas as mesas están á sombra, o que favorece mitigar as altas temperaturas estivais.

Fervenza

A forza da auga. As cascada forma un pequeno encoro na súa zona superior, o que permite ao bañista entrar na auga dende a entrada do muíño que hai na área, antes de que esta se precipiten pola fervenza cara á praia fluvial.

Servizos e parque infantil

Facilidades. Tanto o parque infantil, coma os servizos están dentro da área. Os baños encóntranse ao final e son independentes para homes e mulleres. O parque infantil permite aos nenos disfrutrar tamén fóra da auga.

Praia fluvial

Un baño de fábula entre a vexetación autóctona. A auga chega á praia tras precipitarse pola fervenza ou tras percorrer a entrada do muíño.

Campo de fútbol

Todo preparado. O campo encóntrase ao outro lado da estrada. Ten valado todo o seu perímetro para impedir que o balón se perda entre a frondosa vexetación que o rodea. Todo o seu equipamento está en perfecto estado.


ELPROGRESO | LARA LOZANO. 06/08/2014

elprogreso060814


Homenaxe a Xoán Corral


16/10/2015

ramonparapar

elprogreso_161015


29/06/2018