Aulas Abertas é un proxecto de dinamización económica cuxa finalidade é favorecer o emprendemento das mulleres no rural e contribuir ó seu empoderamento.
Dentro do programa, inclúense actividades formativas, cunha duración de 4h cada unha, que van dende a transformación de produtos agrogandeiros ata o aproveitamento de recursos.
O CERCUD Baamonde promove as seguintes:
Xoves 28/09 | Curso de «Reciclaxe de envases»
Luns 02/10 | Obradoiros floristería empregando materias de refugallo e plantas silvestres.
Xoves 05/10 | Natureza, artesanía e consciencia no noso obradoiro de «Elaboración de oleatos e xabóns con aceites usados e plantas silvestres»
Luns 16/10 | Conservas horta e froita
Luns 13/11 | Natureza e cosmética
Abrimos o prazo de inscrición. Só tes que cubrir o seguinte formulario (se tes problema para velo fai click aquí)